Open Admin for Schools é un software para e xestión de escolas ou institutos. É de balde e ten licenza GNU/[[GPL]]. Open Admin for Schools está baseado en web e pode executarse tanto nun servidor coma nun computador dunha escola. O programa ten a posibilidade de configurar cada escola con varios sitios web virtuais (virtual websites) para o traballo de administración da secretaría ou para o seguimento dos alumnos por parte dos mestres e/ou dos pais.
O software conta coas seguintes características:
- Garda información do estudante e da familia con posibilidade de engadir novos campos en función dos requirimentos.
- Control de asistencia controlado pola secretaría ou directamente polos mestres dende as aulas. Os informes de asistencia pódense integrar cos informes das notas das materias. O programa dispón de varios tipos de informes.
- Control do expediente mediante un módulo de seguimento do alumno. O comportamento do alumno pode ser rexistrado tendo a posibilidade de obter informes estatísticos e mantendo un control disciplinario.
- Sistema de informes flexible para incluír asuntos varios a maiores. Este sistema pode xerar informes de progreso do alumno. A impresión pode ser directamente en PDF incluíndo o logotipo da escola.
- Xestión de aulas de ensinanza especial. O software habilita a xestión de historias médicas, equipos de traballo, test realizados, responsabilidades, listas de obxectivos, …
- Módulos para a xestión de cambios de colexio, permitindo a transferencia de expedientes entre as entidades.
- O sitio configurado para os pais dos alumnos permite o seguimento das asistencias ás clases, revisión de informes, …
- Xestión do diario de tarefas do mestre online, permitindo planificar as clases, temas pendentes, …
Open Admin for Schools foi desenvolto en linguaxe Perl, almaceando a información en base de datos MySQL ou PostgreSQL. Os informes de saída en PDF son xerados con TeX/LaTeX.
A última versión, a 2.25, está dispoñible para descarga na web do proxecto.
