Open Komodo é unha iniciativa que ten como obxectivo a creación dunha plataforma para potenciar estándares abertos, e xurdida a partir da compañía Active State Software Inc., empresa líder de ferramentas de desenvolvemento profesional. O proxecto pretende en primeiro término responder ás esixencias das ferramentas para o desenvolvemento web baseándose na creación de contornas web que corran baixo Firefox, ademais de estar construídas co Komodo IDE.
Fonte: Territorio Libre
