Mancomún

OpenArena, xogo de acción 3D de código aberto

Recentemente saiu a versión 0.7 de OpenArena, licenciado baixo GPL e multiplataforma (GNU/Linux, Mac OSX, Windows), o cal pretende recrear a experiencia de xogo do Quake 3 orixinal pero substituíndo as súas imaxes e sons por contido libre e de calidade.

Houbo que esperar 8 meses dende a anterior versión, e en todo este tempo realizouse un gran traballo creando contido para o xogo. A proba diso é que agora o xogo ocupa 250 MB, cando a anterior versión ocupaba uns 80 Mb.

Nesta última versión inclúense as seguintes novidades:

* 10 novos modelos de personaxes.
* 26 novos mapas e modificación dalgúns dos anteriores.
* Novo efecto de Bloom.
* Nova voz para a “voz en off”.
* Máis elementos gore.
* Conversión dos mapas dm1 ao dm7 de Quake.
* Agora utilízase a revisión 1107 de ioquake3.
* Novos gráficos no menú.
* Incluíronse entre outras cousas novas texturas e sons.

Pódese descargar tanto o binario como o código fonte (250 MB) desde ModDB.

Fonte: Linuxjuegos.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal