OpenCD é unha gran colección de Software Libre e tamén gratuíto, exclusivamente para Windows e que cubre as necesidades máis habituais dun usuario medio, tales como procesador de textos, presentación, correo electrónico, navegación, deseño web e edición de imaxes. A versión actual do CD é a 07.04 e na súa páxina web tamén podemos atopar a listaxe de programas incluídos.
Ao abeiro desta iniciativa tamén xurdiu OpenEducationCD, que tamén contén Software Libre e gratuíto orientado para estudantes de todas as idades para asistilos no seu aprendizaxe. O software incluído foi seleccionado especialmente por mestres polo seu uso educativo…
Recordemos tamén que en Galicia xa xurdira outra iniciativa parecida chamada Magasi CD, proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira.
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.theopencd.org/
