Acabamos de subir á sección de «Descargas» unha nova versión do OpenOffice.org portable en galego. A versión de OpenOffice.org que contén é a 2.2. Esta versión está baseada nunha anterior versión que nos enviara dmunhiz.
Agora grazas a ese traballo e a información que nos mandou, puidemos actualizar o OpenOffice.org portable a esta nova versión.
Esta versión permite levar o OpenOffice.org instalando nunha chave USB e poder facer uso do mesmo en calquera computador sen ter que instalalo. Ademais leva incorporado o corrector ortográfico de galego.
