A coñecida distribución GNU/Linux deixará de lado a ferramenta ZENworks de Novell para a administración do sistema e cumpre así con un vello obxectivo: facer que YaST sexa accesible para toda a comunidade.
YaST (acrónimo de «Yet Another Setup Tool«) é a ferramenta de instalación e xestión do sistema operativo da distribución SUSE e, desde o nacemento de openSUSE, tamén está dispoñible nesta distribución (que é a versión libre da anterior)...
Nas súas orixes, e a pesar de estar vencellada a un sistema operativo libre, YaST non se distribuíu baixo licenza libre, se non que houbo que esperar hasta a compra de SUSE por parte de Novell para que o seu código fonte estivese dispoñible baixo a licenza GPL, un vello desexo de parte da comunidade de desenvolvedores de GNU/Linux.
Entre outras funcionalidades, YaST soporta instalacións en modo texto ou gráfico, e mediante AutoYaST permite a automatización das instalacións para realizalas de forma desatendida.
Pola súa parte, ZENworks é unha ferramenta de xestión de instalacións informáticas creada por Novell
e orientada aos administradores de sistemas de grandes e medianas empresas, con soporte para GNU/Linux, Windows e dispositivos de man (PDA) e compatible con diversos servizos de directorio.
OpenSUSE desmarcouse de ZENworks esta semana, anunciando que a ferramenta de Novell será eliminada de inmediato na próxima versión 10.3 alpha 4, e que tanto a instalación como posterior administración e xestión do sistema se levará a cabo mediante YaST. ZENworks quedase desta maneira como a ferramenta para as versións profesionais de SUSE Linux, a distribución comercial para escritorio e servidores de Novell que á súa vez basease no desenvolvemento que a comunidade realiza sobre openSUSE máis os cambios e engadidos introducidos pola propia Novell, seguindo a mesma liña que segue Red Hat con Fedora.
Os responsables de openSUSE non aclararon os motivos desta decisión. Como contrapartida, Novell abriu o desenvolvemento de YaST á comunidade de Software Libre, o que quere dicir que a partir de agora e no marco de openSUSE, calquera persoa poderá involucrarse no desenvolvemento desta ferramenta, todo un clásico en GNU/Linux.
A apertura de YaST á comunidade abre a posibilidade de que outras distribucións poidan adoptar esta ferramenta como estándar para a instalación e administración do sistema operativo.