Os usuarios simplemente teñen que descargarse un ficheiro e entón xa poden usar a aplicación OpenVZ para crear un servidor virtual utilizando Ubuntu 7.10 nun minuto aproximadamente.
O proxecto OpenVZ distribúese de xeito gratuíto e ofrece soporte aos seus usuarios, promovendo a virtualización do sistema operativo a través dun esforzo de colaboración en comunidade. Apoiado por SWsoft, o proxecto OpenVZ serve ás necesidades dos desenvolvedores da comunidade, probadores, expertos en documentación e outros entusiastas da tecnoloxía que queiran participar e acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico. OpenVZ é un software open source que se usa como sobre o que se basea o produto de software de virtualización Virtuozzo de SWsoft.
Desde que empezou a produción a gran escala a finais do 2005, o proxecto OpenVZ tivo moito éxito entre a comunidade de usuarios. O web de OpenVZ atrae máis visitantesn a medida en que cada vez máis empresas e particulares investigan e contribúen ao proxecto de virtualización de sistema operativo open source.
Fonte: Cibersur.com
