Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
O taller de localización de software Producir, espallar, localizar… software en galego, organizado polo Concello de Santiago coa colaboración de Mancomun.org, serviu para que expertos en lingua, informática e educación debatesen sobre a normalización lingüística no eido das novas tecnoloxías. Os relatores e participantes salientaron o Software Libre coma a mellor ferramenta para integrar as linguas minorizadas na Sociedade da Información.
As diferentes mesas de traballo trataron sobre a Localización de software baseada no voluntariado, a Localización e produción de software en Galicia e a Alfabetización: a chave para a utilización e a difusión. Os asistentes compartiron experiencias e debatiron sobre o papel da administración, as vantaxes e desvantaxes do voluntariado ou as carencias que ten actualmente a lingua galega en Internet.
