Mancomún

Os inversores esperan que o Software Libre sexa a opción maioritaria

O Software Libre representa unha moi boa aposta para as marcas inversoras que tradicionalmente licencian software, segundo as declaracións dos representantes de 3 firmas inversoras na recente «Open Source Business Conference in London»…

Mentras outras firmas xa investiron antes en Software Libre, estas 3 firmas (Index Ventures, Mayfield Fund, Wellington Partners) insistiron en que os criterios nos que se basearon para apoiar o Software Libre non foron os de favoritismo, senón os de unha decisión económica baseada nunha realidade do mercado.

«Fundamentalmente, nós cremos que o Software Libre é un novo modelo de distribución; pero tamén unha nova forma de desenvolver software, e que está aquí para quedarse definitivamente,» dixo Bernard Dalle, socio xeral de Index Ventures. «Nós anticipamos que vai ser moi dificil seguir cara adiante investindo en software privativo, porque cremos que non é un modelo de desenvolvemento».

Index Ventures actualmente é un forte inversor en Software Libre, investindo en compañías como Pentaho, servizos da firma Sourcelabs, productor [[PHP]] do provedor Zend, [[MySQL]] e Trolltech.
 

Texto completo e orixinal da nova: http://www.cbronline.com (en inglés)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal