A pasada semana reuníronse en Chile os ministros de administracións públicas dos países iberoamercianos. Neste encontro aprobouse a Carta Iberoamericana de Gobierno Electrónico que servirá para definir conceptos, valores e orientacións para a implantación e desenvolvemento dos países asinantes. O documento fai unha clara defensa do Software Libre e estándares abertos como camiño de progreso para a administración electrónica.
A carta di que as administracións elixirán as tecnoloxías máis axeitadas para satisfacer as súas necesidades. Recoméndase o uso de estándares abertos e de Software Libre por motivos de seguridade, sustentabilidade a longo prazo e prever que o coñecemento público non sexa privatizado.
