A Fundación “One Laptop per Child” (un portátil por neno), que fabrica ordenadores a moi baixo precio -cen dólares a unidade- para nenos de países en vías de desenvolvemento, colaborará coa Junta de Extremadura para incorporar a estes ordenadores o sistema gnuLinEx.
Ademais, informa a Junta, esta organización aproveitará a experiencia do sistema educativo extremeño na incorporación do ordenador na aula.
O propósito é que gnuLinEx poida ser utilizado nos primeiros ordenadores que saian da cadea de producción e que no verán do 2007 técnicos e profesores extremeños poidan participar nun seminario que terá lugar en Nebraska (EEUU) para crear a rede de coñecemento que se fará ó redor do proxecto, antes de iniciar a distribución efectiva dos ordenadores.
