Unha das melloras que xa está incorporada no código do Firefox 3 é o xestor de descargas.
A primeira vista o principal cambio é que as descargas estan organizadas en activas e inactivas (completada ou cancelada) de modo que resulte máis sinxelo ver o que está a ocorrer. Outro cambio foi a modificación dos textos coas ligazóns de «pause» e «cancel» sendo substituídas polas iconas de «pause» e «stop» para un recoñecemento máis rápido.
As descargas rematas contan cunha icona de información que amosa os detalles incluíndo a hora de finalización, o enderezo da descarga e a ubicación no sistema de ficheiros. As descargas canceladas teñen unha icona de recomprobación, mentres que as descargas finalizadas teñen unha icona para abrir o ficheiro descargado.
O xestor conta cunha función de busca para procurar os ficheiros desexados por medio dun cadro de texto.
Outros cambios xa se estan a fornar, por exemplo, amosar información adicional na barra de estado, nun panel lateral ou incluso na barra de títulos.
Fonte: Mozilla Links
