A Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas está a organizar unhas xornadas formativas dirixidas ás PEME sobre Software Libre e comercio electrónico. En total queren ofrecer ao redor dunhas 30 horas divididas en 5 días de formación á PEME sobre ferramentas de xestión electrónica, comercio electrónico e aplicacións e tecnoloxías de utilidade para a empresa. Os organizadores queren saber que empresas ou grupos de usuarios estarían interesados en ofrecer os contidos destas xornadas que terán lugar entre o 30 de abril e o 4 de maio en Vilagarcía de Arousa.
