O grupo francés PSA Peugeot Citroën está planeando unha migración a GNU/Linux para un amplo rango de usuarios da empresa, desde os vendedores até os empregados das fábricas de produción, converténdose así nunha das maiores migracións a escritorios GNU/Linux.
Segundo fontes da compañía, durante un relatorio na LinuxWorld de San Francisco, «a migración está nunha fase embrionaria pero da cal pasará pronto».
Peugeot migrará 20.000 escritorios de usuario a GNU/Linux usando Suse Linux Enterprise Desktop. O paquete inclúe a edición de Novel de OpenOffice.org 2 que garante a compatibilidade cos formatos propietarios de Microsoft Office…
A compañía tamén afirmou que os traballadores da compañía teñen un nivel de coñecemento informático a nivel de usuario básico, pero que non contrataron a ningún experto para esta migración xa que os novos escritorios non requiren de ningún aprendizaxe especial máis alá dunha páxina a dúas caras cunhas breves explicacións.
http://www.informationweek.com
