A Free Software Foundation (FSF) publicou onte (31 de maio de 2007) o último borrador (cuarto) da 3.ª versión da Licenza Pública Xeral (GPL). Richard Stallman explica, na nota de prensa, os motivos do cambio. A partir de agora, a FSF valorará os comentarios que se refiren ao borrador durante 29 días (até o 29 de xuño de 2007).
«O novo borrador incorporará a retracción que se recibiu do público e dos comités oficiais de discusión desde a saída do último borrador, o 28 de marzo de 2007. O director executivo da FSF, Peter Brown, salientou que se fixeron «unhas poucas melloras importantes baseadas nos comentarios que nos chegaron, entre eles a compatibilidade da licenza.”». Tamén comentou que se centrarán en que se distribúa o sistema GNU coa nova licenza e estender esta protección que nos ofrece a toda a comunidade.
Segundo as declaracións de Stallman, «Manter programas baixo a 2.ª versión da GPL non creará problemas» pois «o motivo de migrar débese aos problemas existentes que solucionará como a DRM a ameazas de patentes alén de incluír unha mellor internacionalización»
Os cambios nesta versión inclúen:
· A 3.ª versión da GPL é agora compatíbel coa versión 2.0 da Apache License.
· Os distribuidores que fagan/fixesen pactos discriminatorios de patentes despois do 28 de marzo non poderán transmitir software coa 3.ª versión da GPL. A Novell non se lle prohibirá distribuír este software pola protección de patentes que negociaron con Microsoft.
· Como novidade do anterior borrador, cómpre salientarmos que se engadiron novos termos para clarificar como se pode contratar modificacións privadas de software libre.
Ligazón á nota de prensa:
http://www.fsf.org/news/gpl3dd4-released
Ligazón oficial o sitio da GPL versión 3:
http://gplv3.fsf.org
Ligazón ós motivos que cita Stallman para a migración
http://gplv3.fsf.org/rms-why.html
