PostBooks é un sistema ERP e CRM orientado á PEME baseado na suite premiada OpenMFG ERP. O cliente gráfico traballa en GNU/Linux, Mac OS e MS Windows, e está preparado para internacionalización. Foi desenvolvido en C++ empregando o framework de código aberto Qt e como sistema de base de datos PostgreSQL e conta cos seguintes módulos:
- Contabilidade (libro maior, informes bancarios, …).
- Ventas (cotas, descontos,…).
- Inventario (múltiples localizacións e outras características avanzadas para a xestión de almacén).
- Control de facturación CRM (axenda de contactos, xestión de incidencias, lista de tarefas, xestión de proxectos) .
- Soporte para OpenRPT (deseñador de informes).
- …

Pantallazo de PostBooks en funcionamento
PostBooks está baixo licenza CPAL (OSI-certified Common Public Attribution License) e pódese descargar dende Sourceforge. No repositorio están dispoñibles os paquetes en binario para as distintas plataformas listos para a súa execución despois de configurar unha base de datos en PostgreSQL seguindo os pasos de instalación.
