O traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Precisamos da vosa axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma o antes posible. É o segundo proxecto de localización de software que se pon no Entrans tralo éxito da tradución OpenOffice.org 2.0.4. A interface deste conxunto de aplicacións ofimáticas foi traducida en tan só dous días aínda que quedan pendentes cadeas da axuda.
Precisamos da vosa axuda para traducir as últimas cadeas do Firefox
