O novo plan prevé un investimento público de 800 millóns. A directora xeral asegurou que a falta de interese nos contidos que ofrece a Rede é «un grave problema» que lastra a popularización de Internet en Galicia. Por iso, a Consellería de Industria vai potenciar a xeración de información en galego e próxima aos cidadáns.
Ademais dos contidos, a Xunta aposta pola creación dun parque empresarial para empresas que traballen coas TIC. Veiguela tamén adiantou a redacción dun plan director das telecomunicacións, que se complementaría cun mapa das infraestruturas de telecomunicacións. Ademais, a mandataria sinalou o «posible» lanzamento dun novo Instituto Cartográfico de Galicia.
