De acordo co PEGSI, a administración autonómica galega creará un comité de seguimento da adopción de estándares abertos por parte da administración pública. Elaborarase asemade un estudo estratéxico da viabilidade da incorporación do Software Libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración.
- Valoración da viabilidade e da estratexia de incorporación do Software Libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
- Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de Software Libre
- Implantación de solucións baseadas en código aberto nos servidores
- Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.
Para promover o Software Libre na sociedade as actividades previstas polo PEGSI son:
- Determinar as áreas máis favorables para a implantación do Software Libre
- Realizar accións divulgativas e de sensibilización
- Convocatorias para a implantación de solucións baseadas no Software Libre
- Promover a creación de comunidades e puntos de encontro arredor do Software Libre para compartir coñecementos
- Proxectos singulares, con especial fincapé nas actuacións noutros ámbitos do PEGSI, onde se primará o emprego de Software Libre
- Crear un catálogo dos fornecedores informáticos de Galiza que teñan produtos e servizos na área do Software Libre
- Primar o desenvolvemento de aplicacións de código aberto nos distintos programas que convoque a Administración galega de apoio á actividade empresarial
- O PEGSI foi elaborado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información pertencente á Consellería de Innovación e Industria.
