Mancomún

PrestaShop, unha solución de comercio electrónico para o teu negocio

PrestaShop, unha solución de comercio electrónico para o teu negocio

http://www.mancomun.org/images/stories/prestashop-logo.jpg PrestaShop é unha solución e-Commerce en código aberto que aparece como unha alternativa ao omnipresente osCommerce. Conta cunha interface remozada totalmente configurable e moi do estilo Web 2.0.

A administración da tenda permite a xestión do seu negocio en liña controlando o catálogo de produtos, a xestión de pagamentos e pedidos, o control de clientes e outras características que estarán dispoñibles en breve a través de novos módulos.

A tenda é totalmente personalizable, tendo dende a administración un panel que permite maquetar os módulos nas posicións desexadas. PrestaShop vén acompañada dun módulo de PayPal que permitirá realizar os pagos empregando dita pasarela. No caso de contar cun negocio con varios empregados dende a interface de administración pódese dar de alta perfís personalizados establecendo os permisos que se precisen. Conta cun módulo que permite a localización da tenda ao idioma da nosa elección, actualmente só se atopa traducido ao francés e ao inglés.

PrestaShop está desenvolvido baixo LAMP e vén cun instalador que facilita a súa posta en funcionamento.

Pódense ler todas as características de PrestaShop e descargar os fontes dende a páxina do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal