Mancomún

Primeira actualización para o novo contorno de escritorio KDE 4

Onte saíu a primeira actualización de KDE 4, o novo contorno de escritorio de KDE. KDE 4.0.1 corrixe diversos erros detectados durante estas primeiras semanas de vida de KDE4 ademais de varias melloras de rendemento e actualización de traducións. A lista completa de cambios pódese ver na seguinte ligazón:

Lista de cambios da versión KDE 4.0.1

Ligazón ao wiki de KDE con documentación traducida ao galego para compilar KDE 4.0:
http://techbase.kde.org/index.php?title=Getting_Started/Build/KDE4_(gl) 

Algunhas capturas de pantalla desta nova versión: 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4.png

 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4_2.png

 

Para instalar KDE4, algunhas distribucións de Linux xa provén dos paquetes binarios aos seus usuarios e noutros casos, as comunidades de voluntarios son os que os fan. Algúns destes paquetes binarios están descargables desde as páxinas de descarga de KDE.

Adicionalmente, hai paquetes precompilados para as seguintes distribucións:

  • Debian KDE 4.0.1. paquetes dispoñibles na rama experimental. A plataforma de desenvolvemento de KDE é «Sid». Está atento aos anuncios do equipo Debian KDE.
  • Kubuntu. Paquetes xa incluídos na futura «Hardy Heron» (8.04) e tamén dispoñibles para a versión estable «Gutsy Gibbon» (7.10). Máis detalles no anuncio en Kubuntu.org.
  • openSUSE. Paquetes dispoñibles para openSUSE 10.3 (instalación en un só click), openSUSE Factory (instalación) e openSUSE 10.2. KDE 4.0.1 será parte da nova versión openSUSE 11.0.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal