Mancomún

Proxecto europeo de tecnoloxía grid con Software Libre

Europa está a propor o desenvolvemento da infraestrutura necesaria para impulsar a próxima xeración de tecnoloxías grid. «Os Grid baséanse en conectar varios ordenadores para reunir usuarios de todo o mundo e de distintas empresas nunha única organización «virtual» (…)»

treemOS é un proxecto que a UE está a financiar mediante o seu «Sexto Programa Marco» (6PM). O seu obxectivo é deseñar e promover un sistema operativo de código aberto que sirva de apoio ás ditas organizacións virtuais.

Como sistema operativo podería empregarse para computadores persoais illados e para clústeres de ordenadores, así como tamén para aparellos móbiles; todos eles terían acceso aos recursos do Grid.

A partir de Linux, XtreemOS pretende converterse nun rival ao nivel de Globus (conxunto de ferramentas estadounidenses).

Segundo a coordinadora do proxecto, Sandrine L’Hermitte, «o sistema XtreemOS ofrecerá unha alternativa a Globus, que na actualidade é o sistema de middleware máis estendido para administrar redes informáticas a pesar da súa complexidade».

«Espérase que o proxecto XtreemOS reforce a posición de Europa nos campos de investigación dos sistemas operativos e dos sistemas de Grid. Hoxe en día, aínda que o sistema operativo Linux, o sistema Symbian para teléfonos móbiles e Internet se concibiron en Europa, EEUU está á cabeza en todos eles. Agardamos que o proxecto XtreemOS contribúa a equilibrar o panorama», concluíu.

 

Fonte:
http://www.laflecha.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal