Vemos na páxina de GPUL o anuncio de presentación dun novo proxecto: Hermes.
«O proxecto ten por obxectivo levar o Software Libre alá onde non chega a banda larga, ou, directamente, onde non chega Internet. A veces non somos conscientes, nestes días nos que, incluso o peor [[ISP]] nos permite baixar calquera das nosas distribucións favoritas, de que máis alá das nosas fronteiras hai moita xente que necesita el Software Libre, pero non pode acceder polas limitacións da rede.
En GPUL queremos mirar cara esa xente, ou o que é o mesmo, mirar 9 anos atrás cando arrancou a asociación e, facendo uso do correo postal, ampliar o número de beneficiarios do Software Libre.
Non temos previsións do alcance e importancia que este novo proxecto poida ter. En calquera caso, intentaremos manter lazos con outros grupos de Software Libre por todo o mundo para poder facer unha rede mundial e optimizar así os envíos a cada zona…»
Páxina do proxecto Hermes.
