Pimlico é unha suite de aplicacións para xestión de información persoal (PIM) que consume poucos recursos e que está deseñada co fin de utilizarse nos dispositivos móbiles.
Pimlico está feita con GTK+ Toolkit e Embedded Evolution Data Server, os cales proveen a esta aplicación de sólidos fundamentos. Isto tamén permite a fácil portabilidade a varios frameworks baseados en GTK+ para móbiles tales como Maemo e OpenMoko, así como para o seu uso en PC de escritorio.
Pimlico contén catro aplicacións: Contacts, unha axenda de contactos; Dates, un calendario; Tasks, unha lista de tarefas; e Sync, unha ferramenta de sincronización…
