Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
O Observatorio galego de Software Libre acaba de publicar o resumo sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre, correspondente ao período maio-xullo, feito pola Universidade de Santiago. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicado en maio.
O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.
