O recordMyDesktop é unha aplicación que permite gravar en vídeo o que estás facendo actualmente no teu escritorio GNU/Linux. recordMyDesktop só produce formatos de saída abertos, que son «theora» para o vídeo e «vorbis» para o son, usando o contedor ogg.
O programa está composto de dúas partes, unha simple ferramenta en liña de comandos que fai as operacións básicas de captura e codificación e unha interface que mostra toda a funcionalidade do programa dunha forma moito máis atractiva…
A ferramenta de liña de comandos está escrita en C, e a interface ten dúas versións, unha escrita en pyGtk e outra en pyQt4 .
A captura de son ben se pode facer a través de ALSA, OSS ou usando o JACK AUDIO SERVER.
Páxina oficial do proxecto:
