Mancomún

S5, Sistema para presentacións baseado en estándares

S5 (Simple Standards-Based Slide Show System) é un formato para presentacións baseado na súa totalidade en XHTML, CSS e JavaScript. Cun único arquivo, teremos unha presentación completa e de impresión amigable. O etiquetado empregado para as diapositivas é moi sinxelo, moi semántico e totalmente accesible. Calquera que estea familiarizado con HTML ou XHTML pode ver as etiquetas e saber como adaptalas ás súas necesidades particulares. O tema da presentación queda nas mans de CSS, co cal poderemos xerar estilos propios.

Por medio dunha presentación introdutoria amósase o funcionamento de S5 tamén dispoñible para descarga como ficheiro ZIP [186 KB], o tamaño do ficheiro é debido á presenza de varias imaxes na demostración de diapositiva. Esta presentación pódese empregar para facer probas, por exemplo premendo a barra de espazadora avanzarase a diapositiva seguinte. Outros atallos están explicados nesta presentación introdutoria.

S5 permite crear “temas” para as presentacións por medio de ficheiros [[CSS]], tamén dispón dunha serie de “temas” dispoñibles para empregar nas túas presentacións. Dende a páxina principal do proxecto dispoñemos de recursos para traballar con S5.

Pódese engadir animacións ás diapositivas empregando o framework javascript script.aculo.us, esta combinación coñécese co nome de Presentacular.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal