Despois dun ano de traballo, os desenvolvedores de Drupal liberaron a versión 6.0. Grazas ao traballo da comunidade de Drupal, nesta nova versión resolvéronse cerca de 1.600 incidencias. Estes cambios son a nivel de melloras de usabilidade, seguridade, mantemento, facilidade de instalación e un contorno de desenvolvemento con máis funcionalidade.
Un exemplo de sitios web importantes que executan Drupal son: Warner Brothers Records, SpreadFireFox.com, SonyBMG, Forbes, Universidade de Harvard e máis…
