Mancomún

Saíu a versión de Google Desktop para Linux

Saíu a versión de Google Desktop para Linux

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpg Google presentou o mércores a versión para Linux do seu Google Desktop. Esta versión foi escrita en linguaxe nativa e, ao mesmo tempo, emprega os propios algoritmos de busca de Google.

Google Desktop é unha aplicación de busca no escritorio que permite atopar texto en mensaxes de correo electrónico, en ficheiros, en música, en fotografías, charlas, no Gmail, en páxinas web visitadas etc. Ao habilitar o noso equipo para a busca, o programa permite acceder facilmente á información e evita ter que organizar manualmente os ficheiros, as mensaxes e os marcadores.

Este software é privativo e soporta as versións de Linux Debian 4.0, Ubuntu 6.10, Novell Suse 10.1, Red Flag 5 e Fedora Core 6 tanto para a interface gráfica de usuario KDE como GNOME. Está dispoñible en alemán, francés, coreano, chinés, danés, español, inglés, xaponés e portugués.
 
Fonte:
NEWS.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal