Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org. Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto. En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.
Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC terán que ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.
