Mancomún

Seis anos de Código Cero

Código Cero leva xa seis anos informando das novidades da â??Sociedade do Coñecementoâ?. A orixe do proxecto remóntase ao ano 2000 cando nacía na Radio Autonómica de Galicia o programa â??Códigoâ?, unha emisión que trataba de achegar as novas tecnoloxías aos oíntes, baixo a dirección de Xosé María Fernández Pazos. Tendo presente esta premisa, Fernández Pazos, xunto con múltiples colaboradores, crearía o núcleo do futuro Grupo Código Cero Comunicación.

O éxito do espazo radiofónico, â??Códigoâ?, supuxo a lanzamento do primeiro sitio web adicado a dar a coñecer a actualidade na Sociedade da Información e I+D+i en galego.

O portal www.codigocero.com naceu en xullo de 2002 como unha iniciativa independente do programa radiofónico â??Códigoâ?. Na actualidade recibe máis de 200.000 visitas mensuais, e sitúase entre as trinta páxinas galegas de temática xeral máis vistas e no quinto medio de comunicación en Internet de Galicia. Dentro do abanico de novas que publica Código Cero están as relacionadas co Software Libre e a Cultura libre.

Fonte: Código Cero

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal