O Ministerio de Administracións Públicas e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio investirán seis millóns de euros para modernizar os servizos públicos da Administración. Para isto, Joan Clos e Jordi Sevilla (os respectivos ministros) asinaron un convenio.
Co citado investimento preténdese pór en marcha a Lei para o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos, que está na fase final do seu polémico trámite parlamentario.
Este acordo recolle a creación dun novo catálogo de servizos
electrónicos e de vías de cooperación entre todas as administracións públicas para impulsar os cambios que lle faciliten os trámites electrónicos á cidadanía.
Con este investimento preténdese potenciar o acceso electrónico ás
administracións públicas.
Ligazón á nova orixinal:
http://www.laflecha.net/canales/e-administracion/noticias/seis-millones-para-poner-en-marcha-la-ley-de-acceso-electronico-a-la-administracion
