Mancomún

Semana Aberta de Ubuntu

Con motivo da publicación durante esta semana da nova versión de Ubuntu, a Gutsy Gibbon, vaise a desenvolver a «Ubuntu Open Week» ou «Semana Aberta de Ubuntu», durante a cal se van facer talleres en liña. A partir de hoxe xa se pode descargar a Ubuntu 7.10 dende a web oficial http://www.ubuntu.com.

Estes talleres vanse facer na canle #ubuntu-classroom da rede Freenode e ao tratarse de algo internacional, o idioma utilizado será o inglés.

Nestes talleres poderase:

  • Coñecer o contorno de Ubuntu
  • Falar con algúns dos desenvolvedores principais do proxecto Ubuntu
  • Coñecer a Comunidade e as súas relacións con Canonical
  • Participar nunha rolda aberta de Preguntas e Respostas con Mark Shuttleworth, o fundador de ubuntu
  • E moito máis…

Fonte: http://www.ubuntu-spain.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal