Mancomún

Sevilla acollerá a partir de mañá o VII Cumio Mundial de Desenvolvedores de Ubuntu

Sevilla acollerá a partir de mañá o VII Cumio Mundial de Desenvolvedores de Ubuntu

UbuntuCanonical, empresa responsable da distribución de GNU/Linux Ubuntu, organiza a partir do día 3 de maio e ata o día 11 o VII Cumio Mundial de Desenvolvedores de Ubuntu en colaboración coa Junta de Andalucía. O evento dividirase en tres partes: a UES (do 3 ao 4 de maio) centrada en Edubuntu, a Ubucon (5 de maio) orientada á comunidade e a Ubuntu Developers Submit (do 6 ao 11) pensada para desenvolvedores.

A administración autonómica andaluza colabora na organización deste encontro como parte do seu acordo con Canonical para o intercambio de desenvolvementos entre a distribución da Junta, Guadalinex, e Ubuntu. O acordo pretende ademais dar pulo ao Software Libre e o coñecemento aberto en Andalucía.

A UES terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática e os outros dous eventos no Hotel Al-Andalus.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal