O obxectivo do proxecto FlightGear é crear un sofisticado simulador de voo para o seu uso no contorno académico ou de investigación, para o desenvolvemento e procura doutras ideas interesantes de simulación aérea, e como aplicación para o usuario final.
Algunhas das súas características son:
- diferentes modelos de dinámica de voo (JSBSim, YASim, UIUC)
- base de datos do escenario mundial extenso e preciso
- modelos de ceo detallados
- sistema de modelado de avións aberto e flexible
- requirimentos de hardware moderados
- opcións de rede (interacción con outros FlightGear, GPS, etc..)
Descarga: FlightGear
