Simutrans Transport Simulator é un xogo GPL para Windows, BeOS, Mac OS X (só con procesadores Intel) e GNU/Linux orientado ao transporte de bens, xente, correo e enerxía.
Igual que moitos outros xogos comerciais coma «Transport Tycoon» ou «Railroad Tycoon», o obxectivo principal de Simutrans é crear unha economía estable, ao mesmo tempo que facemos crecer á compañía. Simutrans permite a modificación dos terreos, construción de estradas, vías férreas, diferentes tipos de paradas para os transportes, terminais, vehículos (autobuses, trens, camións, barcos, avións e máis). A creación de redes de subministro eléctrico tamén está incluída. O xogo tamén nos permite xogar contra 6 xogadores manexados pola AI (intelixencia artificial) do computador…
Relacionado con este xogo tamén temos Simutrans Starter, que é unha interface para instalar o xogo, configuralo, executalo e cargar e gravar partidas. A interface está programada en Gambas2.
Podes atopar máis información de Simutrans nas seguintes ligazóns:
http://www.simutrans.de (páxina oficial)
http://en.wiki.simutrans.com/index.php/Main_Page (wiki oficial en inglés)
http://forum.simutrans.com/index.php/board,73.0.html (páxina oficial do foro en español)
http://en.wikipedia.org/wiki/Simutrans (información da [[Wikipedia]] inglesa)
