Mancomún

Sistema de correo electrónico con Software Libre para as escolas en Gales

O maior sistema de correo electrónico educacional foi migrado a semana pasada na rexión de Carmarthenshire en Gales.

O sistema de correo proporcionará servizo de IMAP tanto en inglés como en galés a quince escolas de secundaria e 125 de primaria. Isto dá un total de 40 000 usuarios potenciais de acordo co caso de estudo. Sirius (a compañía encargada da migración) considera as capacidades bilingües unha das vantaxes do Software Libre, pois este tipo de aplicacións poden ser adaptadas para traballar en calquera idioma.

Segundo Sirius, o concello escolleu Software Libre porque é seguro, personalizable e escalable…

O sistema de correo de Carmarthenshire está construído sobre servidores que executan Debian GNU/Linux. O sistema ofrece tres versións de correo web, a depender do nivel de acceso de cada usuario. Por exemplo, os nenos de primaria poden enviar correos usando unha interface moi simple mentres o alumnado de secundaria ten acceso a características máis avanzadas. O sistema tamén pode ser configurado para controlar o envío ou a recepción de correo por parte de persoas non autorizadas desde internet.

A administración de usuarios fíxose con GOSA, unha aplicación libre para a xestión de contas de usuario. A cidade xermana de Múnic tamén está a empregar GOSA pola súa facilidade de integración (debido a que por debaixo se usa o LDAP).

Ligazón á nova orixinal:
http://ec.europa.eu/idabc

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal