Mancomún

Sistema de información de recursos humanos, OrangeHRM

Sistema de información de recursos humanos, OrangeHRM
OrangeHrmOrangeHRM é un sistema de información HRM (Human Resources Information System) [[Open Source]] que prové amplas características para o manexo do activo máis importante das organizacións,a xente. Prové unha plataforma para reenxeñería e aliñar os procesos de recursos humanos cos obxectivos da organización.
 
Actualmente atópase na versión 2.2 e según os desenvolvedores está baseado nas demandas e necesidades da comunidade de usuarios da ferramenta que cooperan co equipo mentres colleitan requirimentos, deseñan e testan.
 
A versión estable 2.2 conta cos seguintes módulos:  
  • Módulo de administración (Administration Module)
  • Módulo de xestión de información persoal (Personal Information Management Module)
  • Módulo de informes (Reports Module)
  • Módulo de autoservizo para empregados (Employee Self Service Module)
  • Módulo de xestión de tempo e atención (Time and Attendance Management Module)
  • Módulo de automatización de tarefas (Leave Management Module)
  • Módulo de seguimento de erros (Bug Tracking Module)

Administration Module (Admin):
É o módulo do sistema onde os encargados de área realizan as tarefas de administración do sistema, pódese definir a estrutura da organización, os rangos de soldos e demais información que forman a columna para o resto do sistema.
 
Persoal Information Manager Module (PIM)
Este módulo mantén a información importante dos empregados incluíndo información persoal, experiencia laboral, información relacionada co seu traballo, etc. A información deste módulo é utilizada por todos os demais módulos para eliminar a redundancia de información.
 
Employee Self Service Module (ESS)
Esta ferramenta prové aos empregados da organización a posibilidade de ver a súa propia información importante dentro do sistema, actualizala por medio dun navegador de internet sen necesidade de interromper as tarefas do persoal de recursos humanos.
 
Reports Module
Permite crear informes personalizados de acordo á selección de rangos de información. Os informes poden ser gardados de maneira que a próxima vez que se necesite deles estean dispoñibles sen ter que volver crealos.
 
Leave Module
Este módulo permite a automatización de tarefas como autorizacións, eliminado papeleo interno,  aforrando en custos.

Time and Attendance Module (Time)
Este módulo aforra tempo ao automatizar procesos relacionados.

 
A súa licenza é GNU/Gpl
Máis información en http://www.orangehrm.com/
Descarga: http://sourceforge.net/projects/orangehrm/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal