Mancomún

Software Libre no concello de Mugardos

http://www.mancomun.org/components/com_extcalendar/upload/5e51_curso_paxinas_web.jpg
O concello de Mugardos e a Rede de Dinamización están facendo un gran traballo á hora de promover o Software Libre entre os seus habitantes. Así temos que no concello de Mugardos está organizando/organizou as seguintes actividades: 

 

 

  • Curso de construción de páxinas web:
    • O 25 de xuño abriuse o prazo de inscrición para o curso de construción de páxinas web no Concello de Mugardos.

      O Concello de Mugardos en colaboración coa Rede de Dinamización, abre a inscrición para o curso de construción de páxinas web, que conta cunha duración de 40 horas. As ferramentas que se utilizarán neste curso serán Software Libre.

      O prazo para dita inscrición será até o 29 de xuño, na Axencia de Desenvolvemento local do Concello de Mugardos, no 2º andar de dito concello.

      Para máis información chamar ao teléfono: 671693008.

 

Con esta actividade preténdese, por unha banda, diminuír a fenda dixital achegando a Sociedade da Información á cidadanía a través de ferramentas de Software Libre en galego.

Por outra banda, preténdese mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de Software Libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade.

  • Cursos de formación específica:
    • Cursos de formación específica realizados pola Consellaría de Innovación e Industria,o CESGA e o Concello de Mugardos.

      Desde o 28 de maio até o 11 de xuño, pódense anotar a ditos cursos de formación específica. Unha vintena de cursos, de curta duración, onde se traballará con ferramentas libres así como co Software Libre en concreto.

  • Ubuntu na aula Francisco Vizoso:
    • O pasado día 23 de maio, na aula de formación Francisco Vizoso da parroquia de Franza no Concello de Mugardos, realizouse a partición do Linux/Windows. A distribución instalada foi Ubuntu.

      Con isto preténdese achegar o Software Libre á poboación, que coñezan o seu uso, as súas vantaxes e abrirse un novo campo no mundo nas novas tecnoloxías.

 
Engadido á «Axenda de eventos«. 
 
Máis información na páxina:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal