Vamos a expoñer brevemente distintas aplicacións que se poderían usar para poder usar Software Libre nunha biblioteca:
- Koha-UNLP: Koha-UNLP é un sistema integral en idioma español de xestión de bibliotecas, permite realizar todos os procesos necesarios, que van desde a adquisición de material hasta os servizos a usuarios. Dicir que se integra perfectamente con Debian e que está baseado no proxecto orixinal KOHA.
- OpenBiblio: Probablemente sexa o máis coñecido. Está escrito en PHP e destaca polo seu fácil manexo e a posibilidade de xestionar todos os trámites dunha biblioteca.
- …
- Gnuteca: Versión desenvolvida pola comunidade brasileira. Pódese acceder a unha versión demo online desde a seguinte ligazón (usuario e contrasinal «gnuteca») :
Versión demo online - DSpace: É un software desenvolvido polo MIT co obxectivo de xestionar non só libros senón tamén contidos dixitais. Podes descargalo dende a súa páxina en Sourceforge.
- Oss4lib: Foi creado polo servizo de bibliotecas públicas de Georgia (E.U.A.) para xestionar un consorcio de 249 bibliotecas públicas.
- Emilda: É un sistema integrado de xestión de bibliotecas que actualmente se está utilizando en 14 escolas en Espoo, Finlandia. Tamén hai dispoñible unha versión online:
Versión demo online
