Mancomún

Spicebird ferramenta colaborativa baseada en Mozilla

http://www.mancomun.org/images/stories/spicebird-logo.pngSynovel Techologies vén de publicar a versión 0.4 de Spicebird, a primeira versión dispoñible para o público do seu xestor de información persoal baseado en Mozilla. Spicebird integra Thunderbird, Lightning e XMPP para proporcionar unha solución de correo electrónico, calendario, mensaxería instantánea e outras ferramentas de comunicación nun só produto. Spicebird simplifica a comunicación entre os usuarios ao proporcionar acceso ás diversas ferramentas de colaboración nunha única solución.

A última versión (0.4) engade algunhas características de integración sumadas aos compoñentes principais para converterse nunha ferramenta de comunicación máis eficiente.

Por exemplo, Home é unha vista ao estilo cadro de mandos que se pode personalizar para engadir calquera dos cinco miniprogramas (applets), dispoñibles:

  • Correo, unha pequena vista preliminar de mensaxes no teu cartafol seleccionado.
  • Canles web, unha lista de artigos de canles web (RSS) que mostra o artigo completo cando moves o cursor por riba.
  • Axenda, unha vista de próximos eventos.
  • Calendario, que mostra o mes actual resaltando os días con eventos.
  • Data e Hora, que permite engadir todos os reloxos que queiras, cada un deles mostrando a hora nunha cidade diferente.

 

Pantallazo do Home de SpiceBird

 

Spicebird está dispoñible para descarga dende a seguinte ligazón:

http://www.spicebird.com/download

Fonte: Mozilla Links

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal