Mancomún

Sudáfrica adopta ODF como estándar oficial

Sudáfrica adopta ODF como estándar oficial

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.pngOpen Document Format (ODF) foi declarado onte estándar oficial de comunicacións do goberno de Suráfrica, mediante a publicación dunha nova versión do documento MIOS (Minimum Interoperability Standards for Information Systems in government), que define os estándares mínimos de interoperabilidade para os sistemas de información dos organismos oficiais.

ODF convértese así no terceiro formato de documento especificado na sección «Working Office Document formats», xunto a UTF-8/ASCII e os valores separados por comas (CSV).

Na práctica, haberá  unha fase inicial mediante o uso de conversores, que terá que garantir para marzo de 2008 que todos os departamentos do goberno poidan visualizar documentos ODF.

Cara finais de 2008, todos os documentos oficiais terán que están dispoñibles en formato ODF e outros formatos non propietarios.

Para marzo de 2009, todos os documentos oficiais serán xa producidos en ODF.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.kriptopolis.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal