Mancomún

SugarCRM anuncia instaladores para Solaris e OpenSolaris

SugarCRM anunciou que en breve estarán dispoñibles os asistentes da versión Community Edition para as plataformas Solaris e OpenSolaris que simplificarán a instalación e posta en funcionamento de SugarCRM.

Os instaladores facilitarán a instalación de toda a pila de software necesaria para o funcionamento de SugarCRM nun contorno Solaris. O software a incluír é o servidor web Apache, MySQL, PHP e a versión de Sugar CRM (Community Edition) cunha configuración básica.

En palabras de Paul Oh, director de Technology Alliances, SugarCRM: â??estamos encantados de ampliar as facilidades na instalación para os usuarios de Solaris e OpenSolarisâ?. â??SugarCRM úsase en miles de organizacións en todo o mundo e vimos que aumentaba a demanda de clientes co sistema operativo Solaris e a súa versión en código aberto, OpenSolarisâ?.

 

Os instaladores para Solaris e OpenSolaris estarán dispoñibles no primeiro trimestre de 2008 en Sugarforge. De momento pódense descargar os instaladores para outras plataformas (GNU/Linux, MacOS ou MS Windows) dentro do proxecto BitRock Installers for SugarCRM (sugarinstaller).

Fontes:

Enterprise Open Source Magazine

Nota de prensa SugarCRM

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal