Sun Microsystems acaba de firmar un acordo de compra da compañía alemá Innotek GmbH , desenvolvedora do software GPL de virtualización VirtualBox, só un día despois de que a compañía publicase a versión beta de VirtualBox para OpenSolaris.
Sun comentou sobre a compra que VirtualBox tivo máis de 4 millóns de descargas desde que se fixo público en xaneiro de 2007, converténdoa nunha das principais opcións de virtualización do mercado e estaba interesado na compra para unha futura suite de virtualización para os seus clientes. Sun está pensando en usar VirtualBox para «expandir o seu software de virtualización Sun xVM…
xa que complementa perfectamente á súa plataforma.»
Esta compra sae á luz tan só un mes despois da compra de MySQL tamén por parte de Sun.
