Visto en Agnix.org:
«Imaxina que dás unha conferencia usando diapositivas que creaches co OOoImpress ou outra ferramenta. Alguén (se cadra ti tamén) gravou o son, para poder colgalo na rede. Desgraciadamente as diapositivas non van no mesmo arquivo, polo que a xente que se descargue o son terá que coller por separado as imaxes e imaxinar cando hai que pasar á seguinte.
Cunha gravación en vídeo hai outro problema: normalmente as diapositivas son bastante ilexibles, a menos que se usen taxas elevadas e se situe a cámara preto da pantalla.»
É aquí onde SuperShow entra en escena. Este proxecto é obra de Sergio Costas, creador tamén do software DeVeDe 3.0…»
http://www.agnix.org
