Synfig é un potente paquete de software para o deseño e animación vectorial en 2D deseñado para a produción de contidos altamente profesionais usando menos xente e recursos dos que tradicionalmente se necesitan…
A animación en 2D tradicionalmente sempre estivo caracterizada por ser moi cara xa que cada un dos frames tiña que ser debuxado a man. Incluso ca tecnoloxía dixital actual, este proceso todavía está baseado no debuxo manual de cada frame. Comunmente, a esta tarefa coñéceselle polo nome de “tweening”.
A tecnoloxía de Synfig elimina a tarefa do «tweening» manual, producindo suaves e fluídas animacións sen ter que debuxar cada frame individualmente e permitindo producir contidos 2D con alta calidade e usando menos recursos.
Asemade, permite tamén a inclusión de filtros, capas, transformación, sobras, etc.
Podes ver do que é capaz esta aplicación visitando a súa galería de imaxes .
Esta aplicación está dispoñible para unha ampla variedade de sistemas operativos: GNU/Linux (con paquetes específicos para algunhas distribucións), Mac OS X e Windows.
