Mancomún

Taiwan esixirá que os PCs usados na administración sexan compatibles con GNU/Linux

Dende o mes pasado entrou en vigor a normativa pola que o goberno taiwanés decidiu que todos os ordenadores mercados para o seu uso na administración deberán ser compatibles con GNU/Linux.

De acordo a esto, ao redor duns 120.000 ordenadores mercados polo goberno deberán cumprir o novo mandato. …

A axencia de provisión do goberno de Taiwan, A Central Trust of China, ordenou á Taipei Computer Association (TCA) que garanta que as ofertas dos fornecedores de PCs inclúan equipamento compatible con GNU/Linux. Polo de agora, hai uns 33 modelos de PC de sobremesa de Acer, Asustek, Lenovo e Hewlett-Packard que xa foron certificados pola TCA coma compatibles con GNU/Linux segundo o xornal chinés Economic Times.

Goh Seow Hiong, director de política de software en Business Software Alliance (BSA) en Asia, remarcou que non é a intención garantir que estean soportadas todas as variantes GNU/Linux, senon máis ben conceder a certificación atendendo a criterios máis específicos como o Linux Standards Base, LSB. Este é un conxunto de estándares comúns establecidos polo Free Standards Group para mellorar a interoperabilidade nas distribucións GNU/Linux e as aplicacións.

Lido en: Agnix
Fonte orixinal:  ZdNet Asia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal