Mancomún

Taller de modelado dixital con Software Libre en Extremadura

Taller de modelado dixital con Software Libre en Extremadura
Logo LinExO Plan de Alfabetización Tecnolóxica e Software Libre de Extremadura organiza dúas charlas sobre as posibilidades do programa libre Blender no modelado dixital en 3 dimensións de obxectos de alfarería e cerámica.

Trátase de que os alumnos coñezan a forma básica de traballar con esta ferramenta e que realicen un pequeno exercicio introductorio de modelado dun xarrón. Así, poderán facerse unha idea de como quedará a súa obra final, antes de «tirarse á lama».

Ademáis, este evento poderase seguir a través da web http://www.nccextremadura.org/eventos/alfareriadigital, que conterá imaxes, vídeos e toda a información destas charlas.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto «Universidades Populares en red y la Red».

Fonte.- Región Digital  

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal