#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC #Inkscape

Falamos esta vez de Inkscape, editor de gráficos vectoriais libre. Con Inkscape poderás crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas.

Inkscape

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade.

O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Ten funcionalidades moi fáciles de comprender, unha interface sinxela, soporte multi-idiomas, está deseñado para ser extensible, ademais, os usuarios poden personalizar as funcionalidades de Inkscape coas súas múltiples extensións.

Inkscape ten as ferramentas típicas dun programa de debuxo, así como o a posibilidade de traballar con capas. Inkscape é unha das ferramentas libres de edición de imaxes máis empregadas.

O proxecto de Inkscape ten unha comunidade de usuarios internacional en constante crecemento e existen moitos materiais de aprendizaxe. A axuda e o soporte son proporcionados pola propia comunidade.

Inkscape é usado por deseñadores profesionais (en empresas de publicidade ou imaxe corporativa, enxeñería/CAD, gráficos web ou deseño de cómics) e afeccionados de todo o mundo para crear unha gran variedade de gráficos como ilustracións, iconas, logos, diagramas, mapas e deseños web.

En resumo, Inkscape é unha ferramenta extensible, flexible e que se adapta perfectamente a fluxos de traballo noveis ou profesionais.

Pílula sobre Inkscape

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC #Shotcut

Shotcut é un proxecto que está a ter un desenvolvemento e difusión moi grande, sendo un dos editores preferidos pola xente hoxe en día. Conta con algunhas características de editores profesionais.

Shotcut

Shotcut é un software de edición de vídeo multiplataforma gratuíto e de código aberto para FreeBSD, GNU/Linux, macOS e Windows.

Shotcut é compatible cos formatos de vídeo, son e imaxe a través de FFmpeg. Utiliza unha liña de tempo para a edición de vídeo non lineal de varias pistas que pode estar composta de varios formatos de arquivo.

Características destacadas:
– Posúe aceleración por hardware
– Conta cunha serie grande de filtros de son: Balance, graves e agudos, paso de banda, compresor, delay…

– E tamén cunha serie grande de filtros de vídeo: Canle Alfa, Visualización de Espectro de Son, Visualización de Forma de Onda de Son, Modo de Mestura, Desenfoques…
– Admite formatos de imaxe populares como BMP, GIF, JPEG, PNG, SVG, TGA, TIFF, así como secuencias de imaxes.
– Pode facer capturas de webcam e son
– Soporte para resolucións 4K
– Modos de composición/mestura de pistas: Ningún, Sobre, Engadir, Saturar, Multiplicar, Pantalla, Superpoñer, Escurecer…
– Reprodución de fluxo de rede
– Pode exportar un só cadro como imaxe ou vídeo como secuencia de imaxes

Materiais educativos

Shotcut conta cunha canle oficial de YouTube onde poderás atopar unha gran cantidade de videotitoriais.

Ademais, no apartado de tutoriais da web oficial, existe gran cantidade de recursos para seguir aprendendo. E no foro oficial, poderás atopar solución as dúbidas máis comúns.

En resumo, Shotcut é unha ferramenta flexible que aumentará a nosa creatividade e reducirá o tempo de produción dos nosos proxectos de vídeo, podendo facelo dunha forma cómoda e rápida, e que se adapta perfectamente a fluxos de traballo noveis ou máis avanzados que podemos complementar con outras ferramentas libres para traballo con arquivos multimedia como ffmpeg, HandBrake ou audacity.

Pílula sobre Shotcut

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC #Darktable

Revelado dixital

Á hora de operar con cámaras fotográficas, existen dous xeitos de traballar, pódese usar o formato en cru (coñecido como RAW) da propia cámara ou pódese traballar cun formato xa procesado (jpg ou png).

Traballar directamente co formato jpg é máis rápido e sinxelo, pero estase a perder información de cada toma fotográfica. Á hora de manipular ou mesmo visualizar as fotografías en formato cru, necesítase un software especial para realizar o revelado dixital que sexa capaz de interpretar o formato RAW e exportalo ao formato de imaxe desexado.

A única pega é que neste formato RAW, os arquivos ocuparán moito máis espazo nas tarxetas de memoria. No formato jpg as imaxes terán un tamaño menor, a costa da compresión que lle aplica a cámara e a perda de parte da información nelas (o formato jpg é menos flexible á hora de editar as imaxes).

Darktable é unha ferramenta pensada para traballar cos formatos RAW (falamos en plural porque cada fabricante ten o seu propio formato RAW) e conseguir resultados máis profesionais á hora da edición das nosas fotografías, aínda que tamén poderemos traballar en Darktable con outros formatos como jpg ou tiff. Eso si, o resultado final exportarémolo a outro formato que non sexa o RAW de partida.

Darktable

Con Darktable dispoñemos dunha ferramenta multiplataforma, fácil de usar e potente ao mesmo tempo que xunto con GIMP, forman unha parella perfecta para ter un completo estudio fotográfico dixital ao noso alcance co que retocar e manipular imaxes.

Darktable é un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.

É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, Mac OS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas, entre eles o español.

Características destacadas:
– Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
– Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
– Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
– Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
– Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
– Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
– Automatización de tarefas repetitivas: pode usarse a linguaxe Lua.

Pílula sobre Darktable

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC #GIMP

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

Nesta entrega veremos como editar fotografías con GIMP.

GIMP

GIMP é unha moi boa solución libre para facer retoques básicos e avanzados ás nosas fotografías e tamén conta coa capacidade de crear deseños partindo de cero. Adáptase ben tanto para usos profesionais e empresariais como para usos menos esixentes por parte de usuarios máis básicos.

As imaxes son un recurso utilizado en moitos medios, tanto impresos como dixitais e unha forma de gardar os nosos recordos para que perduren no tempo. Pero as imaxes que obtemos das cámaras fotográficas na maior parte dos casos non as podemos usar directamente, necesitamos facerlles transformacións e adaptalas ás nosas necesidades.

Necesitamos dispor dunha ferramenta versátil, fácil de usar e potente ao mesmo tempo como é GIMP.

Características

GIMP (siglas en inglés de GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición e retoque de imaxes dixitais, aplicación de software libre (forma parte do proxecto GNU e está dispoñible baixo a licenza GPL e LGPL), é multiplataforma (GNU/Linux, Windows, Mac OS, FreeBSD e Solaris) e conta cunha gran comunidade de usuarios.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, entre eles: galego, español, inglés, catalán, alemán, francés, italiano, ruso, sueco, noruegués, coreano e neerlandés.

Usos da aplicación

GIMP pódese usar para diferentes tarefas como son o retoque e edición de imaxes, debuxo de formas libres, cambiar o tamaño e dimensións dunha imaxe, recortar, facer fotomontaxes, converter a diferentes formatos de imaxe, alixeirar o peso do arquivo e outras tarefas máis especializadas como a edición avanzada usando ferramentas como as capas, canles de cor, niveis, curvas e moitas outras.

Pódese tamén crear imaxes animadas, en formato GIF e MPEG, usando plugins.

A súa comunidade de desenvolvedores esfórzase en manter e evolucionar unha aplicación gráfica de alta calidade para a edición e creación de imaxes orixinais, de fotografías, de elementos gráficos, tanto de páxinas web como de elementos artísticos.

Pílula en vídeo sobre edición de fotografías con GIMP

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

Nesta quinta entrega veremos como capturar o noso escritorio con OBS Studio.

OBS Studio

OBS Studio, software libre, multiplataforma e gratuíto para gravación de vídeo e transmisión en vivo.

Características destacadas:

– Captura e mestura son/vídeo en tempo real de alta calidade, con escenas ilimitadas entre as cales podes cambiar facilmente a través transicións personalizadas.
– Filtros para fontes de vídeo como son as máscaras de cor, correccións de cor, axustes de chroma e outros.


– Mesturador de son intuitivo con filtros predeterminados para portas de ruído, supresións do mesmo e balances.
– Opcións de configuración potentes e fáciles de utilizar.
– Panel de axustes optimizado para configurar rapidamente as túas gravacións e retransmisións.
– Modo Estudio, permite previsualizar a túa escena e as fontes antes de poñelas en vivo.

Pílula en vídeo sobre captura de escritorio con OBS Studio

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No últimos artigos, centrámonos na gravación e edición de son con software libre, nesta cuarta entrega veremos como capturar o noso escritorio con SimpleScreenRecorder.

SimpleScreenRecorder

SimpleScreenRecorder é un programa de captura de escritorio, sinxelo de utilizar pero potente, dispoñible so para distribucións GNU/Linux. Se queremos facer capturas noutros sistemas operativos, recomendamos o uso de OBS Studio, outra ferramenta libre pero máis complicada de utilizar pola multitude de opcións e configuracións coas que conta.

Características principais de SimpleScreenRecorder:
– Interface gráfica baseada en Qt.
– Máis rápido que VLC e ffmpeg/avconv.
– Pódese gravar toda a pantalla ou parte dela, ou gravar directamente as aplicacións OpenGL.
– Sincroniza correctamente o son e o vídeo.
– Reduce a velocidade dos fotogramas de vídeo se o teu computador é demasiado lento.
– Totalmente multifío: os pequenos atrasos en calquera dos compoñentes nunca bloquearán os outros compoñentes, o que dá como resultado un vídeo máis fluído e un mellor rendemento en computadores con múltiples procesadores.
– Pausa e renova a gravación en calquera momento (facendo clic nun botón ou pulsando unha tecla de acceso directo).
– Mostra estatísticas durante a gravación (tamaño do arquivo, taxa de bits, tempo total de gravación, taxa de fotogramas real, …).
– Pode mostrar unha vista previa durante a gravación, para que non perdas tempo gravando algo só para descubrir despois que algún axuste era incorrecto.
– Utiliza as librerías libav/ffmpeg para a codificación, polo que soporta moitos códecs e formatos de arquivo diferentes.
– Información sinxela sobre as ferramentas.

Pílula en vídeo sobre captura de escritorio con SimpleScreenRecorder

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé. No segundo artigo centrámonos na gravación de son con software libre, nesta terceira entrega veremos como editar son con Audacity.

Audacity

Audacity é unha solución moi completa para a edición de son, e resulta moi cómodo para facer edicións básicas e outras máis avanzadas (limpeza do son, compresión, limitación, efectos…).

Con Audacity poderemos facer unha gran cantidade de modificacións ao son:
– Edición do son dunha forma sinxela con operacións básicas como cortar, copiar, pegar, borrar… que se poden desfacer e refacer.
– Biblioteca moi completa de efectos de son con previsualización en tempo real (pódese ver a biblioteca de efectos na seguinte imaxe).

– E outras características ampliables mediante o uso de plugins de terceiros e soporte para scripts.

Podes descargar este magnífica ferramenta desde a súa web oficial:
https://www.audacityteam.org/

Vamos ver neste videotitorial, varias edicións que podemos facer aos nosos arquivos de son:

Pílula en vídeo sobre edición de son con Audacity

Para a xente interesada en mellorar os seus coñecementos sobre edición de son, recomendamos estes cursos:
– Curso de audacity, da canle de Podcast Linux
– Curso de audacity, da canle de 9 decibelios

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No primeiro artigo centrámonos na reprodución de música con software libre, nesta segunda entrega veremos como gravar son con Audacity.

Audacity

Audacity é unha solución moi completa para a gravación e edición de son dunha forma rápida e sinxela, licenciada baixo os termos da licenza GPL versión 2, ademais é unha ferramenta multiplataforma que conta con versións para GNU/Linux, Windows e MacOS.

As características máis destacables de Audacity son:
– Realización de gravacións mediante micrófono, interfaces ou calquera outra fonte de son virtual ou física.
– Importación e exportación do son en múltiples formatos como wav, flac, mp3, ogg e outros.
– Alta calidade de son soportando 16, 24 e 32 bits de profundidade.
– Edición do son dunha forma sinxela con operacións básicas como cortar, copiar, pegar, borrar… que se poden desfacer e refacer.
– Biblioteca de efectos de sonido con previsualización en tempo real.
– Análise do son mediante espectrogramas.
– Características ampliables mediante o uso de plugins de terceiros e soporte para scripts.

Modo de alto contraste

Configuración e gravación de son con Audacity

Podes descargar este magnífica ferramenta desde a súa web oficial:
https://www.audacityteam.org/

Unha vez instalada, vamos ver como configurala e utilizala neste videotitorial para sacarlle todo o partido nas gravacións:

Pílula en vídeo sobre gravación de son con Audacity

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

#Aplicaciones de software libre para usuarios de a pie #artículo TIC

Despois de varias series de artigos sobre ferramentas pensadas para empresas, iniciamos unha nova serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No primeiro artigo centrarémonos na reprodución de música con software libre.

Reprodutores de música libres

– VLC
– Audacious
– DeadBeef

VLC

VLC é sen dúbida o reprodutor multimedia multiplataforma por excelencia (para calquera plataforma de pc, incluso o podemos usar en iOS e Android), tanto para son como para vídeo, ademais é software libre e un dos proxectos libres máis usados e coñecidos pola xente.

Reproduce a maioría dos arquivos multimedia existentes, ademais de DVD’s, cámaras web, Audio CD, VCD e diversos protocolos de transmisión.

Completamente gratis, pero sen software espía, sen anuncios e respectando a privacidade do usuario.

Permite personalizar o programa ao noso gusto, podendo agregar peles e instalar extensións que fan crecer en funcionalidades ao programa.

Audacious

Audacious, reprodutor de software libre moi estimado na comunidade GNU/Linux. Existe tamén unha versión para Windows.

Reprodutor e organizador pensado para calquera tipo de ordenador, optimizado para que poida funcionar tamén en equipos vellos sen ningún problema. Se tes unha computadora moi vella e queres darlle unha segunda vida antes de reciclala, con Audacious vas a poder convertila nun potente centro de reprodución musical para a túa habitación ou o teu salón, conectándolle simplemente un par de altofalantes.

Audacious aposta pola simplicidade, pero conta con todas as funcións necesarias para poder disfrutar del. Poderemos buscar por artistas ou álbums na súa biblioteca, crear listas de reprodución, reproducir CD’s ou escoitar música desde internet. Conta con ecualizador gráfico, efectos de son e a posiblidades de usar plugins.

DeadBeef

Deadbeef, reprodutor libre multiplataforma (funciona tanto para GNU/Linux, como para Mac e Windows). Como Audacious, é un programa que aposta pola sinxeleza.

Conta con todas as opcións habituais dun reprodutor, permitindo tamén a edición dos metadatos das cancións ou crear listas de reprodución.

Unha das características que o fan diferente a outros reprodutores é a posibilidade de utilizalo para a conversión entre diferentes formatos de son incluídos os formatos Hi-Res, permite personalizar a interface e utilizar unha gran variedade de plugins.

Pílula en vídeo sobre reproducir música

Esperamos que vos guste este primeiro artigo e os que están por vir!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal