Thunderbird 2.0 conserva as súas características habituais coma o seu lector de RSS ou filtros para correo lixo e fará máis doado buscar as nosas mensaxes xa que poderemos engadir etiquetas («tags»). Deste xeito poderase traballar de forma similar a como xa é habitual noutros programas coma Flickr.
O xestor de correo da Fundación Mozilla facilita a migración de sistemas de correo coma Gmail ou .Mac. Ademais incorpora melloras nas alertas de mensaxes e na detección do phising e parches para Windows Vista. Thunderbird está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.
